InicioMedioambiente e PatrimonioInstrumentos medievais do Camiño de Santiago viaxarán polos concellos de Lugo a...

Instrumentos medievais do Camiño de Santiago viaxarán polos concellos de Lugo a partir de maio

“A memoria do son” é unha mostra da Vicepresidencia da Deputación que inclúe sete instrumentos construídos no Centrad a partir de iconografía vinculada ao Camiño de Santiago.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon a disposicion dos concellos a mostra itinerante “A memoria do son”, que compendia o resultado das investigacións sobre música e instrumentos medievais que se desenvolveron no obradoiro de instrumentos musicais do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) .

A mostra está formada por sete instrumentros construídos a partir da iconografía do Pórtico da Gloria da catedral de Santiado de Compostela, do Pazo de Xelmírez e das cantigas de Afonso X: unha giga, unha rota, unha cítola, unha zanfona, unha viola de perna, unha viola de brazao e un organistro.

A exposición, comisariada por Luciano Pérez, completarase cun catálogo guía en varios idiomas, audios co son de cada instrumento para descargar a través de códigos QR e un salterio con tres partituras diferentes para que as persoas que visiten a mostra poidan tocalo. O obxectivo é converter a mostra nun espazo no que, ademais de contemplar a feitura artesá dos instrumentos, se poida apreciar o seu son e entender o contexto no que xurdiron.

“Cremos que a itinerancia da mostra polos concellos é a mellor forma de achegar á cidadanía o patrimonio musical que se xenerou neste centro de traballo e investigación, que é un referente en Galiza no que ten que ver coa recuperación do patrimonio musical medieval”, suliñou o deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro.

70 ANIVERSARIO

A itinerancia da mostra “A memoria do son” coincide co 70 aniversario da fundación do taller de instrumentos musicais galegos polo artesán Paulino Pérez no ano 1951 co apoio da Deputación de Lugo. O obradoiro, que tivo como primeira ubicación o Pazo de San Marcos, orientouse á construcción, recuperación e revitalización de instrumentos do patrimonio musical galego e á formación de mestres artesáns.

Paulino Pérez foi pioneiro en Galiza na construción de zanfonas, o que lle valeu un amplo recoñecemento como artesán con numerosos premios e distincións. A súa habilidade na construción e manexo de instrumentos de corda levou a desenvolver desde o obradoiro diferentes proxectos multidisciplinares vinculados á recuperación de instrumentos medievais a partir de elementos iconográficos do Pórtico da Gloria, do Pazo de Xelmírez, ou das Cantigas de Afonso X.

Desde 1995, o obradoiro está integrado no Centro de Artesanía e Deseño, que acolle unha exposición permanente de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros, recoñecida como unha das coleccións máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...