InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación, finalista nun premio estatal polo seu plan para recuperar castiñeiros...

A Deputación, finalista nun premio estatal polo seu plan para recuperar castiñeiros nos Ancares

Os galardóns Copa España Creativa 2020 distinguen proxectos innovadores en ámbitos tan diversos como a economía, a cultura, a arte, o patrimonio e medio ambiente, a historia, a sociedade ou a sanidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O xurado dos premios Copa de España Creativa 2020, co que se distingue aos proxectos máis innovadores e creativos de España, elixiu a Deputación de Lugo como finalista pola súa iniciativa para recuperar e poñer en valor bosques autóctonos de castiñeiros na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

O premio é convocado pola Rede de Cidades e Territorios Creativos de España, constituída en Monforte de Lemos en 2016, sociedade da cal a Deputación de Lugo forma parte como socia fundadora.

O proxecto lucense foi seleccionado por un xurado profesional, presidido polo que foi director da RAE, Darío Villanueva e formado por 13 expertos “de recoñecido prestixio” en ámbitos “tan diversos como economía, empresa, cultura, arte, literatura, patrimonio, medio ambiente, historia, sociedade ou sanidade”, informa a Deputación nun comunicado.

A candidatura de Lugo foi seleccionada entre os vinte finalistas despois de avaliar “ducias de candidaturas de toda España”, dado que se presentaron “concellos, deputacións, colectivos profesionais, universidades e asociacións sen ánimo de lucro”.

O gañador coñecerase en maio na celebración do Fórum Orihuela 2020, onde cada aspirante terá que expoñer en público o seu proxecto. O 40% dos votos para decidir o gañador será emitido polo público en xeral a través das redes, mentres que o 60 % restante será dun xurado experto.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...