InicioMedioambiente e PatrimonioDenuncian que a Xunta bloquea informes para avaliar o impacto mineiro nas...

Denuncian que a Xunta bloquea informes para avaliar o impacto mineiro nas Terras do Miño

O Consello Científico do Programa Persoa e Biosfera da Unesco evidenciou a falta de colaboración da Xunta á hora de achegar documentación solicitada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello Científico do Programa Persoa e Biosfera (MaB) da Unesco evidenciou a falta de colaboración por parte da Xunta á hora de achegar documentación solicitada para coñecer a situación actual de diversos proxectos mineiros na área xeográfica da Reserva da Biosfera Terras do Miño (RBTM).

A información que se pretendía recompilar afectaba á situación actual dos proxectos (para confirmar caducidade ou vixencia), ámbito xeográfico e posibles consecuencias sobre a Reserva da Biosfera, indicacións sobre procedementos de avaliación ambiental ou medidas establecidas para asegurar a integridade destas áreas. Así o recordou o Consello Científico a mediados do pasado novembro.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) lembra, á súa vez, que este informe xa foi solicitado no ano 2013, polo que denuncian que levan “sete anos agardando por unha avaliación que non se pode realizar porque a Xunta non achega a documentación solicitada”.

Tras as queixas e denuncias do SLG, o Consello Científico do Comité Español reiterará a súa petición de tal información para a análise do impacto ambiental do proxecto mineiro sobre a Reserva da Biosfera e sobre os concellos concretos da Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá. 

Así mesmo, tamén amosan a súa preocupación por outros proxectos mineiros que afectarían os municipios de Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Cospeito, Vilalba e Riotorto.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...