InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello de Lugo finaliza a limpeza das pintadas realizadas sobre a...

O Concello de Lugo finaliza a limpeza das pintadas realizadas sobre a Catedral

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo finalizou este luns as tarefas de limpeza da Catedral lucense, un edificio catalogado como Patrimonio da Humanidade e Ben de Interese Cultural e que hai uns días foi obxecto de varias pintadas.

Para proceder á limpeza, a empresa encargada dos labores utilizou produtos químicos especiais que non causan danos á superficie afectada.

O edil Alvaro Santos fixo un chamamento “ao civismo dos veciños de Lugo”, lembrando que este acto vandálico ten “un custo para todos”. Ademais, lembrou que o Código Penal castiga aos que derruben ou alteren gravemente edificios singularmente protexidos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...