Home Lugo e contorna Lugo O Concello de Lugo limpa un vertedoiro ilegal en Ombreiro tras unha denuncia veciñal

O Concello de Lugo limpa un vertedoiro ilegal en Ombreiro tras unha denuncia veciñal

0
O Concello de Lugo limpa un vertedoiro ilegal en Ombreiro tras unha denuncia veciñal
Lixo depositado ilegalmente na parroquia de Ombreiro (Lugo) | Concello de Lugo

O Concello de Lugo retirou o lixo dun vertedoiro ilegal nas proximidades da parroquia de Ombreiro, logo de recibir unha denuncia das veciñas e veciños.

Así o informaron as áreas de Medio Ambiente e Rural. Ditas concellerías lembran que o servizo de recollida de residuos do Concello é totalmente gratuíto e pódese solicitar a través dunha chamada telefónica a Urbaser.  Unha vez se recibe a a petición, o servizo indícalle ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou enseres dos que que se queira desfacer.

A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación á demanda.

Neste caso, Medio Ambiente e Rural indican que non se recibiu ningún aviso a través do servizo de recollida de lixo.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here