InicioMedioambiente e PatrimonioO gando do monte, o mellor remedio para salvar outras especies

O gando do monte, o mellor remedio para salvar outras especies

Un estudo do Campus de Lugo destaca que vacas e cabalos salvaxes reducen a leña de breixos e toxos e favorecen os ecosistemas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

presenza de gando vacún e cabalar nas áreas de montes da cornixa cantábrica abundantes en breixos e toxos resulta positiva para a sustentabilidade destas superficies, xa que o gando “reduce e controla a materia leñosa” destes arbustos, á vez que contribúe á diversión de vexetación coa aparición de novas especies florais e vexetais.

Estas ideas figuran entre as conclusións da tese de doutoramento presentada por Carlos López López na EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, baixo o título ‘Comportamento e sustentabilidade do gando equino e vacún manexado en zonas de breixo e toxeiras do Cantábrico’.

A investigación de doutoramento, dirixida por Koldo Osoro e Rafael Celaya, e tutorizada pola catedrática do Departamento de Produción Vexetal da USC na EPS de Enxeñaría Rosa Mosquera Losada, trata de estudar as respostas produtivas e o comportamento alimentario do gando cabalar e vacún en superficies de breixo-toxeira e o seu impacto na vexetación, co obxectivo de establecer pautas de manexo adecuadas para o desenvolvemento de sistemas sustentables destes grandes herbívoros nestas áreas desfavorecidas.

A avaliación da combinación de diversos biomarcadores moleculares presentes na cera epicuticular das plantas para estimar a composición da dieta, a inxestión e a súa dixestión son outros dos labores que persegue esta investigación de doutoramento elaborada a partir dos resultados obtidos en tres experimentos desenvolvidos na leira do Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agroalimentario de Asturias (Serida).

A avaliación da selección da dieta do gando cabalar centrou o primeiro dos experimentos nos que se estrutura a investigación de doutoramento de Carlos López, quen estudou as respostas produtivas e o estado parasitario do gando cabalar, ademais da dinámica vexetal das áreas de matogueira, breixos e toxo nas que pastaban.

Outra das experiencias desenvolvidas compara o comportamento do gando cabalar e vacún en distintas situacións de vexetación e tras as que se constata que as eguas pastan máis tempo que as vacas. Nunha terceira fase, este investigador avaliou o uso de alcois de cadea longa, mesturados con alcanos e ácidos grasos como marcadores fecais para estimar a composición e a dixestión da dieta e a inxestión en equinos e vacún alimentados con forraxes procedentes de matogueiras e prados.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...