InicioA UlloaCaída importante dos autónomos na provincia de Lugo

Caída importante dos autónomos na provincia de Lugo

Representa o 25% da caída de toda Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo situouse como segunda provincia con máis descenso de autónomos  de toda Galicia, que perdeu un total de 514 autónomos (-0,2%) en setembro, ao caer ata un total de 210.489, segundo un informe da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA). Unhas malas cifras que se suman ao aumento do paro.

Pontevedra lidera a caída (171 autónomos menos), seguida de Lugo (117 menos), Ourense (69 menos) e A Coruña (156 menos). Do total, 264 eran homes e 250 mulleres.

Por sectores, hostalaría (250 menos), agricultura (102 menos) e actividades administrativas (23 menos) lideran o retroceso. No outro extremo, o maior aumento prodúcese en educación (54 máis).

Pola súa banda, no acumulado dos datos do último ano, Pontevedra é a única provincia con datos positivos (aumentan 178 autónomos e un 0,3% máis). O resto suma cifras negativas.

ÚLTIMAS

Desaloxado un pub que case duplicaba o seu aforamento por unha festa universitaria de Veterinaria en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo desaloxaron o pasado fin de semana un local de...

Melendi, Carolina Durante e The Rapants, pratos fortes para pechar o 7º Caudal Fest

Este pasado venres, primeiro día do Caudal Fest, con case o 100% das entradas...

Autorizado un novo parque eólico entre Castroverde, Castro de Rei e Pol

A Xunta concedeu a autorización ambiental ao parque eólico Batifol, situado entre os municipios lucenses...

A estación de autobuses da intermodal de Lugo estará finalizada no outono de 2026

A nova estación de autobuses de Lugo, que forma parte do proxecto da intermodal,...