InicioMedioambiente e PatrimonioActuación de urxencia nas beiras do Miño ao seu paso por Lugo

Actuación de urxencia nas beiras do Miño ao seu paso por Lugo

Téntase evitar a deterioración do 'caneiro do Muiño' e como medida de protección do río.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga, trasladou á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, nunha reunión mantida este luns, a obra que acometerá a Confederación a próxima semana, nas beiras do río Miño ao seu paso pola cidade.

En concreto, trátase dunha actuación de urxencia na zona do barrio da Ponte, para evitar a deterioración do ‘caneiro do Muiño’ e como medida de protección do río. Vaise a realizar un dique de 36 metros de longo e 4 metros de alto, cun investimento de 85.000 euros.

Quiroga puntualizou que, polo momento, “é o único que se pode acometer na zona”, porque están pendentes dunha decisión xudicial para iniciar o proxecto orzado en máis de 300.000 euros e que daría solución á deterioración do caneiro.

Doutra banda, a alcaldesa anunciou que o Concello está pendente do permiso definitivo para que o ano que vén a cidade poida contar coa praia fluvial. Trátase da última fase desta obra para lograr unha integración do Miño na cidade, que a rexedora espera que sexa “unha realidade inmediata”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...