InicioMedioambiente e PatrimonioAnimalistas: "As licenzas de caza baixaron un 47% en Lugo e aínda...

Animalistas: “As licenzas de caza baixaron un 47% en Lugo e aínda así gozan de importantes prebendas”

Respóndenlle aos gandeiros "enfadados" que miren a relación de subvencións dos lobbies procaza

PUBLICADA O

- Advertisement -

As asociacións animalistas Libera e Fundación Franz Weber aseguran que as licenzas de caza se están a desangrar en toda Galicia e, concretamente, tamén en Lugo. Na nosa provincia deuse unha “perda superior ao 47% desde o ano 1997, cando existían 16.745 documentos que posibilitaban cazar nos montes lucenses, mentres que en 2018 son tan só 8.795″. Esta redución de cazadores non se traslada, din, á concesión de axudas públicas.

Os datos que manexan foron recollidos a partir dos documentos que a propia Consellería de Medio Ambiente achega na súa páxina web institucional. “Evidencian que a continua configuración social rexeita a caza como actividade, xa sexa como suposto ‘deporte’ ou como conxunto de medidas para controlar a fauna silvestre, ambos os criterios sen ningún tipo de aval científico”, aseguran.

Neste sentido os animalistas referíronse ás supostas pragas dalgunhas especies silvestres, coa demonización habitual de xabarís e lobos, coas que se tratan de xustificar as perdas en explotacións agrícolas, e recomendaron a eses colectivos de gandeiros tan “enfadados” que boten unha ollada á relación de subvencións do lobby procaza. Asemade, tampouco entenden os “ataques” que se veñen lanzando contra os animalistas, xa que eles só se ocupan de “protexer seres vivos que sofren casos de abandono ou maltrato”.

PRIVILEXIOS

Atendendo á información publicada polo executivo autonómico e cruzando os números co censo de INE, os cazadores representarían unicamente o 2,65% da poboación da provincia de Lugo, segundo estas asociacións. Lamentan que, “a pesar diso, gozan de importantes prebendas, como a súa participación en mesas de traballo coa Xunta, das que se exclúen verdadeiros movementos sociais”

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...