InicioMedioambiente e PatrimonioConcluídas as obras de descontaminación do barrio do Carme

Concluídas as obras de descontaminación do barrio do Carme

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, comprometeuse a que esas actuacións servirán para poñer en valor unha zona emblemática da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, supervisaron este xoves as obras -xa concluídas- de descontaminación do barrio do Carme.

Trátase dun dos barrios máis emblemáticos por onde pasa un tramo do camiño xacobeo primitivo a Santiago de Compostela. A obra foi financiada en base á “estratexia DUSI”, destacaron, e pasa por ser a primeira das actuacións baixo o paraugas deste programa europeo. Para iso, contou cun orzamento de 59.479 euros.

Lara Méndez mostrouse “contenta” porque se pon fin a “unha obra tremendamente necesaria para construír unha cidade rigorosa co medio ambiente”. Salientou a importancia do “proxecto de descontaminación de toda esta contorna do barrio do Carme” e das outras obras que servirán “para poñer en valor as cloacas (romanas) ou restos arqueolóxicos que iremos atopando”.

Estes traballos posibilitaron a eliminación de “verteduras ao arroio dos Ortos”, concretou a rexedora lucense e facilitará a cobertura e saneamento das vivendas que dan á rúa Santiago.  Segundo puntualizou, as obras consistiron na instalación dun mecanismo para bombear esas verteduras ao saneamento central, de maneira que se poderá poñer fin ao “mal olor” que traían canda si eses residuos.

+ posts

ÚLTIMAS

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...