InicioLugo e contornaRábadeO alcalde de Rábade desliga os contaxios no concello da hostalaría e...

O alcalde de Rábade desliga os contaxios no concello da hostalaría e das festas patronais

O rexedor do único concello da provincia de Lugo que pasa a estar en nivel alto de restricións mostrou a súa preocupación polo empeoramento da situación epidemiolóxica no seu municipio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Rábade, Kiko Fernández Montes, desliga o aumento dos casos de covid-19 no municipio estean relacionados coa hostalaría ou coas festas patronais que tiveron lugar a pasada semana.

En declaracións aos medios este xoves, o rexedor do único concello da provincia de Lugo que pasa a estar en nivel alto de restricións mostrou a súa preocupación polo empeoramento da situación epidemiolóxica no seu municipio.

“A sensación é que hai bastantes casos e bastante estendidos e isto pode prexudicar o control do mesma. A parte positiva é que non consta que haxa ningunha persoa ingresada ou con síntomas graves”, expresou.

Neste sentido, Kiko Fernández Montes non cre que os locais de hostalaría sexan responsables do aumento de casos, situación da que tamén desliga a celebración das festas patronais, xa que tiveron lugar baixo “as mesmas” medidas de seguridade que hai un ano.

“Funcionaron moi ben e atreveríame a dicir que foi un espazo seguro para estar neses concertos, con aforamentos limitados, control na entrada e xeles”, manifestou.

Con todo, o alcalde de Rábade apunta, baseándose na “rumoroloxía de persoas”, que houbo veciños da localidade que se mostraron “bastante remisos a cumprir coas súas obrigacións legais de manterse en confinamento”. “Esta é unha cuestión sobre a que se debe de incidir porque é bastante descorazonador”, lamentou.

+ posts

ÚLTIMAS

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Detido un home por múltiples delitos contra o patrimonio en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como suposto autor de...

‘Fillos do Vento: A Rapa’ destaca en EEUU no escaparate mundial do cinema inmersivo

O cineasta galego Brais Revaldería presentou en América Fillos do Vento: A Rapa, unha...