InicioLugo e contornaPortomarínPortomarín énchese ás vésperas do Santiago Apóstolo: "mil peregrinos pasan cada día...

Portomarín énchese ás vésperas do Santiago Apóstolo: “mil peregrinos pasan cada día por aquí”

O alcalde pide "cautela e sentidiño" para facer fronte ao virus e aconsella "á xente que non se arrisque se non ten posibilidade de pasar a noite".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, calcula que diariamente pasan por este municipio uns “mil peregrinos” ou mesmo máis camiño de Santiago de Compostela, en función da ocupación das distintas prazas hoteleiras con que conta o concello.

Segundo comentou, trátase dunha “avalancha” que provocou xa problemas para pasar a noite. “Todos os anos por estas datas, catro ou cinco días antes da festa do Santiago, tivemos que facer uso de instalacións deportivas, pero este ano foi diferente” pola pandemia, sinala o rexedor. Debido á crise sanitaria pola Covid-19 esas instalacións “non se poden abrir e a alternativa o martes desta semana foi que algunha persoa tivese que durmir ao aire libre”, comentou.

A presenza de visitantes disparouse, e así Serrano cifrou que “máis de mil persoas poden estar a pasar a noite no concello, aínda que peregrinos poden ser máis”.O alcalde de Portomarín lembrou que no municipio teñen “sobre unhas 1.700” prazas hoteleiras, ao que hai que engadir ese 30 por cento de pernoctaciones que se permiten nos albergues públicos que dependen da Xunta de Galicia.

“CAUTELA E SENTIDITO”

Finalmente, Juan Serrano pediu “cautela e sentidito” para facer fronte ao virus e á expansión da Covid, á vez que aconsellou “á xente que non se arrisque se non ten posibilidade de pasar a noite”. “Eu sei que o camiño é aventura, pero todo ten que ser ao seu debido prazo. A min incomódame moito non poder dar unha alternativa a persoas que viñeron sen haber feito unha previsión sobre o lugar onde aloxarse”, manifestou o rexedor de Portomarín.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...