InicioEconomíaConclúe o plan de formación Santa Isabel, que prepara nova edición

Conclúe o plan de formación Santa Isabel, que prepara nova edición

O programa de formación e emprego ten base nos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei, e está financiado pola Xunta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A entrega de diplomas puxo fin este mércores ao programa de formación e emprego Santa Isabel III, auspiciado polos concellos de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei. A iniciativa, apoiada economicamente pola Xunta de Galicia, permitiu aos 19 participantes renovar os seus coñecementos e pór en práctica, durante nove meses, técnicas de cartografía, construcción e instalacións nos espazos públicos.

No acto participaron o delegado autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, e mailos rexedores José Pardo, de Outeiro de Rei, Francisco Javier Balado, de Castro de Rei, e Armando Castosa, de Cospeito. O obradoiro foi posible grazas a unha achega de 280.000 euros da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Durante os nove meses de aprendizaxe, os participantes realizaron traballos cartográficos no concello de Outeiro de Rei, e melloraron diversos espazos públicos tanto en Cospeito como en Castro de Rei.

No municipio lucense de Outeiro de Rei impartiuse a especialidade de Levantamentos e Replanteos a cinco alumnos traballadores, que realizaron o cartografado dixital do inventario municipal de edificios, parcelas e redes de auga e saneamento.

En Castro de Rei, os sete participantes aprenderon a especialidade de operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, e traballaron no acondicionamento dos locais sociais de Bendia e Val de Campos e Ramil.

Polo que respecta aos sete alumnos de Cospeito, formáronse en montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión e aplicaron os coñecementos adquiridos en varias obras de iluminación no concello: no Centro de atención á infancia, o miradoiro, centro de saúde, centro de día, centro de feiras e o de interpretación en Feira do Monte. Igualmente, instalaron nova iluminación no campanario da igrexa-ermida Nosa Señora do Monte e reformaron a instalación eléctrica na escola de Támoga.

O delegado da Xunta destacou que os obradoiros ofrecen aos participantes formación e experiencia laboral, polo que supoñen unha oportunidade para reorientar a súa traxectoria profesional, e que ademais realizan importantes obras e servizos en infraestruturas e dotacións municipais.

Lembrou que xa está en marcha unha nova convocatoria de deste programa, coa previsión de que os novos proxectos se poñan en marcha no mes de setembro. En concreto, a Consellería convocou as axudas para obradoiros duais de emprego e os específicos para menores de 30 anos.

Os obradoiros duais combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa.

Entre as principais novidades cabe destacar que poden actuar como promotores de obradoiros duais as entidades sen ánimo de lucro do ámbito forestal constituídas e rexistradas como asociacións, e que terán prioridade os obradoiros forestais e os vinculados ao Camiño de Santiago. Ademais, os obradoiros de emprego dirixidos especificamente á mocidade ampliarán a duración de seis a nove meses.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...