InicioSociedadeAs redes sociais 'arden' logo de que un xornalista criticara o Goya...

As redes sociais ‘arden’ logo de que un xornalista criticara o Goya a Benedicta Sánchez

Pascual Serrano censurou que se lle outorguen premios a actores "que fan de si mesmos" e acusou de "chauvinismo paleto" as persoas que lle reprobaron ese comentario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O filme ‘O que arde’ vén de acadar dous galardóns nos Premios Goya: Mellor Fotografía (Mauro Herce) e Mellor Actriz Revelación (Benedicta Sánchez). As redes enchéronse de mensaxes de parabéns para o equipo da película e, concretamente, para a actriz corguesa. Porén, tamén houbo quen non concordou coa decisión de outorgarlle este premio a Benedicta Sánchez. E, da nada, xurdiu a polémica.

O debate partiu da conta persoal do xornalista e escritor Pascual Serrano: “Iso de que lle dean un Goya a unha anciá galega por facer de anciá galega, non sei que ten que ver coa interpretación”.

O seu chío causou o enfado entre usuarios galegos desta rede social. Moitos achacáronlle ao xornalista que “interpretar consiste en transmitir emocións do papel ao espectador, non de parecerse a alguén“. Outros, ironizaron que, polo feito de ser unha anciá, ían ser todas iguais.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...