InicioLugo e contornaLugoA busca da moza desaparecida en Lugo continúa sen resultados a pesar...

A busca da moza desaparecida en Lugo continúa sen resultados a pesar dos efectivos que se sumaron aos traballos

A operación de procura está a ser coordinada pola Policía Nacional coa colaboración dos familiares da desaparecida e de distintos medios especializados

PUBLICADA O

- Advertisement -

A procura de Carmen L. R., a moza de 24 anos desaparecida en Lugo desde o pasado 21 de xullo e considerada de alta vulnerabilidade, continúa sen resultados despois de que os dispositivos despregados durante os últimos días peiteasen sen éxito varias das zonas onde podería estar.

Durante a xornada deste mércores, os efectivos centraron os traballos no monte Segade, un lugar que a moza coñece, mentres que o pasado fin de semana os labores concentráronse na contorna do río Miño, entre a Fábrica da Luz e a Ponte Romana, unha zona na que Carmen xa fora localizada durante unha desaparición anterior.

Segundo confirmou a Policía Nacional, ningún destes rastreos permitiu atopar indicios sobre o paradoiro da nova, polo que ambas as áreas quedan descartadas e non volverán ser obxecto de novas batidas.

As mesmas fontes explicaron que a cidade permanece “alerta” por se a moza puidese aparecer en calquera momento, de modo que o dispositivo está a reorientar agora os seus esforzos cara a espazos de difícil acceso, onde resulta máis complicada a procura.

Nese contexto, o operativo contou co apoio da Unidade Subacuática da Xunta de Galicia, que participou nas inspeccións da contorna do Miño en días pasados, e a Policía Nacional confirmou que este fin de semana incorporarase unha unidade de cabalaría para facilitar o acceso a zonas de monte e terreos de complicada orografía.

A operación de procura está a ser coordinada pola Policía Nacional coa colaboración dos familiares da desaparecida e de distintos medios especializados.

Neste contexto, a alerta foi difundida pola asociación SOS Desaparecidos, que cualificou o caso como de alta vulnerabilidade. A nova, de 24 anos, mide aproximadamente 1,65 metros, é de complexión delgada, ten o pelo moreno e os ollos azuis. No momento da súa desaparición vestía o uniforme de traballo de Carrefour.

A familia presentou a denuncia tras perder o contacto con ela e a Policía Nacional iniciou de inmediato o dispositivo de procura. Carmen foi vista por última vez no barrio da Milagrosa.

As forzas de seguridade manteñen aberta a investigación e lembran que calquera información que poida contribuír a localizar á moza debe comunicarse de inmediato á Policía Nacional, a Garda Civil ou aos servizos de emerxencias.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...