InicioLugo e contornaLugoA Vicepresidencia da Deputación e colectivos culturais debaten sobre boas prácticas culturais

A Vicepresidencia da Deputación e colectivos culturais debaten sobre boas prácticas culturais

O encontro forma parte do proxecto Escola, Cultura e Territorio, impulsado polas áreas de Cultura das deputacións de Lugo e Coruña e polo Consello da Cultura Galega

PUBLICADA O

- Advertisement -

A finca de Tor acolleu este luns o primeiro Encontro de Boas Iniciativas Culturais,   enmarcada no proxecto “Escola, Cultura e Territorio” promovido polas áreas de Cultura das Deputacións de Lugo e da Coruña e polo Consello da Cultura Galega. A xornada reuniu unha vintena de colectivos culturais da provincia, que compartiron a súa experiencia e inquedanzas a respecto da súa acción cultural.

Na inauguración da xornada, a deputada de Cultura Iria Castro, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e o asesor cultural da Deputación da Coruña Xavier Campos expuxeron a súa visión concordante en relación coa política cultural. Nese sentido, destacaron que “a política cultural é máis que programación cultural ou programación de espectáculos, a cultura é unha ferramenta de transformacion social e de fortalecemento da autoestima colectiva e da identidade”.

A este respecto, a deputada de Cultura Iria Castro remarcou a elección do Pazo de Tor como escenario para a xornada, lembrando que “a apertura de Tor como museo e a creación da Rede Museística, que cumpre 20 anos, supuxo unha aposta por descentralizar a cultura, botar raíces no rural e crear comunidade”

O encontro artellouse arredor de catro mesas de traballo con diferentes temáticas. A primeira centrouse na profesionalización cultural, coa exposición de modelos de xestión e proxectos sustentables que xeran valor económico se social como Outonía Cooperativa, Gaita Filmes, a Asociación Ser, a Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada ou a Trienal de Sarria.
 
Na terceira mesa, falouse sobre asociacionismo cultural e construción de comunidade a partir da experiencia de colectivos como O encontro incorporou tamén a experiencia da Foliada da Fonsagrada, o Breason, o Castañazo Rock, Fancine de Lemos ou Teatro das Cortes como iniciativas que contribúen a fortalecer o tecido social e crear espazos de participación cultural.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...