InicioPolíticaO BNG acusa o novo goberno de Lugo de dar “un paso...

O BNG acusa o novo goberno de Lugo de dar “un paso atrás” ao eliminar a área de Promoción da Lingua

Rubén Arroxo critica que o executivo de Elena Candia suprima a área específica dedicada ao galego en plena Semana das Letras Galegas e advirte de que o PP “non se vai preocupar nin o máis mínimo pola lingua galega”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro municipal do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, criticou este mércores a supresión da área de Promoción da Lingua no novo organigrama do Concello aprobado polo goberno local do Partido Popular. O dirixente nacionalista cualificou a decisión de “moi negativa”, sobre todo por coincidir coa celebración da Semana das Letras Galegas. Arroxo denunciou que o executivo encabezado por Elena Candia eliminase, por primeira vez en moitos anos, unha concellaría específica dedicada á promoción do galego na estrutura municipal. Segundo sinalou, esta decisión reflicte a postura do novo goberno local respecto da política lingüística no Concello de Lugo.

“NON SE VAI PREOCUPAR NIN O MÁIS MÍNIMO POLA LINGUA GALEGA”

“O Partido Popular deixa claro que non se vai preocupar nin o máis mínimo pola lingua galega ao suprimir esta competencia do organigrama municipal”, afirmou o voceiro do BNG. Para Arroxo, a desaparición desta área supón “un paso atrás” no compromiso institucional coa defensa e promoción do galego. O dirixente nacionalista resaltou tamén a importancia simbólica de que esta medida se produza precisamente nas vésperas do 17 de maio, nun período no que numerosas institucións e colectivos desenvolven actividades para fomentar o uso e a visibilidade da lingua propia de Galicia.

CRÍTICAS TRAS A RETIRADA DA BANDEIRA DE PALESTINA

O voceiro nacionalista xa criticara a pasada semana outra das primeiras decisións do Goberno local, poucas horas despois da súa toma de posesión: a retirada da bandeira de Palestina que estaba colocada no Vello Cárcere. Agora, o BNG volve censurar unha medida do novo executivo municipal, ao considerar que a eliminación da área de Promoción da Lingua evidencia unha falta de compromiso coa normalización lingüística.

O BNG RECLAMA REFORZAR A NORMALIZACIÓN

A formación nacionalista insiste na necesidade de reforzar as políticas públicas de normalización lingüística e de apoio ao uso social do galego, especialmente no eido institucional. Arroxo reiterou o compromiso do BNG coa defensa da lingua galega “como elemento fundamental da identidade e da cultura do país” e asegurou que o Bloque continuará reclamando medidas activas de promoción lingüística desde as distintas administracións.

+ posts

ÚLTIMAS

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da...

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...

O colectivo Egeria presenta o libro Lugopoética 2025 coas conversas organizadas pola UNED

O salón de sesións da Casa do Concello de Lugo acolleu a presentación de...