InicioPolíticaO PP reclama actualizar o 'Plano Deputación' ante a suba de prezos...

O PP reclama actualizar o ‘Plano Deputación’ ante a suba de prezos en materiais de construción

"Todos somos conscientes de que os proxectos presentados hai catro meses quedaron totalmente obsoletos", lamentan os 'populares'

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do grupo provincial do PP de Lugo reclamaron ao PSOE e ao BNG unha actualización “urxente e inmediata” dos fondos destinados ao Plan Deputación “ante a necesidade de adaptar os investimentos á realidade económica actual, marcada por un incremento desorbitado nos custos de produción e materiais polos conflitos bélicos”.

Así o reivindicaron no pleno desta mañá da Deputación, onde o portavoz provincial, Antonio Ameijide, indicou que a maioría dos 67 municipios da provincia destinan os fondos deste plan a obras para o mantemento e arranxo de estradas. “Todos somos conscientes de que os proxectos presentados hai catro meses quedaron totalmente obsoletos”, lamentou.

“Os conflitos bélicos internacionais dispararon os prezos de materiais esenciais”, insistiu Ameijide, asegurando que profesionais estiman que o custo total dunha obra nova aumentou nun 30% nas últimas semanas.

Por iso, ao seu xuízo, o PSOE e o BNG deberían de “ser conscientes” da nova situación e aumentar os fondos do Plan Deputación “para que ningunha obra proposta polos concellos quede sen executar”.

“Con esta nova situación, os profesionais estiman que o custo total dunha obra nova aumentou nun 30% nas últimas semanas, polo que PSOE e BNG deben de ser conscientes da nova situación e aumentar os fondos do Plan para que ningunha obra proposta polos concellos quede sen executar”, insistiu.

Segundo os ‘populares’, se non se reacciona pronto, moitas localidades veranse obrigadas a renunciar ás obras.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...

O Pleno da Deputación aproba unha nova ordenanza para as residencias provinciais

O Pleno da Deputación acordou este martes aprobar a nova ordenanza que regula o...

Lugo reclama “reforzo urxente” á Xunta para o control contra o xabaril

O Concello de Lugo reclama á Xunta "un reforzo urxente" das actuacións de control...