InicioDeportesA Deputación colabora coa Ruta BTT San Simón da Costa, que percorrerá...

A Deputación colabora coa Ruta BTT San Simón da Costa, que percorrerá Vilalba, Muras e Xermade

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o próximo 30 de marzo a través da páxina web de CCNorte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo colaborará un ano máis coa organización da Ruta BTT San Simón dá Costa, a proba deportiva que se celebrará o próximo 4 de abril polos concellos de Vilalba, Muras e Xermade.

Na presentación do evento, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, puxo en valor este tipo de iniciativas que combinan deporte, natureza e promoción do territorio, destacando que esta ruta “é un claro exemplo para fomentar o deporte, dinamizar o territorio e promover un modelo de turismo sustentable vinculado á natureza e á identidade da provincia”.

Ademais, tal e como trasladou a Deputación nunha nota de prensa, subliñou a importancia deste tipo de eventos, “que contribúen a atraer visitantes, xerar actividade económica e promover hábitos saudables, á vez que permiten dar a coñecer os recursos naturais e patrimoniais da comarca”.

En concreto, a institución provincial achega 3.000 euros para a organización desta proba, que contará con catro distancias adaptadas a distintos niveis de dificultade co obxectivo de favorecer unha ampla participación.

A ruta curta terá 45 quilómetros e 700 metros de desnivel positivo; a media, 65 quilómetros e 1.700 metros de desnivel; a longa, 75 quilómetros e 2.000 metros de desnivel positivo; e a modalidade gravel, 70 quilómetros e 1.600 metros de desnivel positivo.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o próximo 30 de marzo a través da páxina web de CCNorte.

+ posts

ÚLTIMAS

Volve o servizo madrugador entre Lugo e Madrid de Renfe

Renfe modificará a partir do próximo 20 de maio o horario do tren Alvia...

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

O PP di que “o grande éxito de Miguel Fernández son nove meses de xestións para cambiar un tren de hora”

O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse moi...

Denuncian intento de agresión con arma branca a un funcionario da prisión de Monterroso

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciaron o intento de agresión con...