InicioPolíticaO PP acusa a PSOE e BNG de teren un "pacto" con...

O PP acusa a PSOE e BNG de teren un “pacto” con José Tomé e de ser “o seu socio de goberno”

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, criticou o "silencio" que, ao seu xuízo, manteñen ambos os dirixentes do PSOE e BNG sobre que medidas pensan adoptar respecto de Tomé

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo reclamou explicacións públicas á presidenta da institución, Carmela López, e ao vicepresidente, Efrén Castro, sobre os acordos alcanzados co expresidente da entidade, José Tomé, a quen consideran “o seu socio de goberno”, tras a recente comparecencia pública da vítima do presunto caso de acoso sexual e a querela presentada pola Fiscalía.

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, criticou o “silencio” que, ao seu xuízo, manteñen ambos os dirixentes sobre que medidas pensan adoptar respecto de Tomé. Segundo afirmou, esa falta de resposta “resulta tan cómplice como o encubrimento que no seu momento realizaron outros cargos socialistas”.

Ameijide sinalou directamente a responsables do PSOE como José Ramón Gómez Besteiro, Lara Méndez e Pilar García Porto, a quen acusou en varias ocasións de coñecer o caso con anterioridade. O dirixente popular sostivo que, segundo as informacións publicadas nos medios, estes responsables terían coñecemento do presunto acoso en varias ocasións tras reunirse coa nai da vítima.

Desde o PP lembran que o actual goberno provincial de PSOE e BNG depende do apoio de José Tomé, ao que Ameijide cualificou de “socio imprescindible”, xa que sen o seu apoio-afirma- “non sería posible constituír o executivo provincial nin aprobar os orzamentos e outras iniciativas”.

“De non ser polo pacto de Carmela López e Efrén Castro con José Tomé, a Deputación de Lugo tería á fronte un goberno do PP, un goberno responsable que tomaría decisións pensadas en alcanzar a igualdade de todos os veciños e que axudarían a que a institución provincial volvese ser o motor económico da provincia”, subliñou.

O portavoz popular sostén que esta situación provoca que a Deputación de Lugo “siga sendo noticia a nivel nacional por situacións desagradables ou pola comisión de presuntos delitos”, polo que reclamou que se depuren responsabilidades “de forma inmediata”.

Neste contexto, Ameijide pediu ao PSOE que adopte medidas contundentes e demostre “con feitos o seu suposto compromiso co feminismo”. Entre elas, reclamou a expulsión inmediata de José Tomé da alcaldía de Monforte, cargo que ” mantén grazas ao respaldo do seu partido”. Así mesmo, solicitou o cesamento das responsabilidades públicas de quen, ao seu xuízo, encubrirían os feitos: Pilar García Porto, Lara Méndez López e José Ramón Gómez Besteiro.

“O PSOE e o BNG deben aclarar que pensan facer con Tomé e se están dispostos a seguir gobernando con el”, afirmou Ameijide, quen tamén cuestionou se ambas as formacións manterán o seu apoio a quen, segundo o PP, tratarían de ocultar o caso.

O dirixente popular acusou ademais ao PSOE de priorizar a defensa do presunto agresor fronte á protección da vítima. “Os ofrecementos de axuda á vítima nunca se materializaron. A súa prioridade foi protexer ao presunto agresor e dar longas tanto á vítima como á súa nai”, asegurou.

Finalmente, Ameijide insistiu en que o PSOE debe actuar con rapidez e apartar dos seus cargos ás persoas implicadas se quere demostrar coherencia cos principios que defende publicamente. “Se realmente queren presentarse como un partido feminista, non poden permitir que quen optaron polo silencio e o encubrimento continúen un minuto máis nas súas responsabilidades”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

Proxección coloquio dos videoclips finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo este xoves no Pazo de San Marcos

A deputada de Cultura Iria Castro convida a asistir á proxección coloquio dos videoclips...

Lugo aproba os convenios para a renovación de Serra de Meira e de Fermín Rivera

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o convenio de colaboración...

Formación da Deputación ‘E para dixitalizarse, Lugo’: 3000 persoas pasaron por estas aulas

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, entregou este mércores en...