InicioLugo e contornaLugoScania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

As instalacións contarán cunha superficie aproximada dun 1000 m² e está proxectado que poda realizar tarefas de mantemento e reparación de vehículos Scania, incluídos modelos eléctricos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo taller nunha superficie aproximada dun 1000 m². Nesta fase previa á apertura, a recoñecida marca iniciará un proceso de contratación para incorporar varias persoas que formarán parte do equipo de traballo.

“Trátase dunha etapa crave no desenvolvemento do proxecto, xa que a selección de profesionais cualificados será determinante para garantir a calidade do servizo e o funcionamento óptimo das instalacións”, refiren dende Scania. A compañía busca incorporar talento local con experiencia no sector, comprometido cos valores de eficiencia, innovación e sustentabilidade que caracterizan a marca.

Dende a corporación adiantan tamén que ofrecerán ao persoal laboral unha formación continua, programas de desenvolvemento personalizado, medidas de conciliación, benestar físico e emocional, e unha contorna baseada na confianza.

A apertura do taller supón un reforzo na rede de servizo de Scania en Galicia e unha oportunidade laboral para profesionais do sector na provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

Denuncian un veciño de Lugo por depositar restos de obra en contedores de lixo doméstico

A Policía Local de Lugo denunciou ao responsable dunha vertedura ilegal na cidade, que...