InicioLugo e contornaLugoA Audiencia de Lugo xulgará un profesor acusado de desviar 9.500 euros...

A Audiencia de Lugo xulgará un profesor acusado de desviar 9.500 euros dun proxecto da USC

A Fiscalía pide case dous anos de prisión e inhabilitación por malversación, negociacións prohibidas e falsidade documental

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns o xuízo contra un profesor do campus lucense acusado de desviar 9.500 euros dun convenio de investigación entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e unha empresa irlandesa.

Segundo o escrito de acusación, o procesado, doutor con dedicación completa na área de Enxeñaría Agroforestal, tiña a responsabilidade de autorizar os gastos vinculados a un proxecto de certificación de bosques de carballos en Galicia.

Entre 2016 e 2018, simulou contratos de asesoramento cunha empresa da que el mesmo era administrador e presentou facturas falsas, ademais de cargar gastos persoais á partida universitaria que xestionaba. A cantidade desviada foi posteriormente reintegrada.

A Fiscalía considera que estes feitos constitúen delitos de malversación, negociacións prohibidas a funcionarios e falsidade documental. Por iso, solicita para o acusado unha pena dun ano e once meses de prisión, así como a inhabilitación especial para cargo ou emprego público.

O xuízo terá lugar o luns na sede xudicial da capital lucense.

ÚLTIMAS

Unha menor resulta ferida ao ser atropelada en Baralla

Unha menor de idade tivo que ser evacuada en helicóptero medicalizado tras sufrir un...

O PSOE de Lugo denuncia novas pintadas de ultradereita na súa sede

A sede provincial do PSOE en Lugo volveu ser obxecto este sábado dun ataque vandálico, con pintadas...

Falece Pablo Permuy, concelleiro socialista do Concello de Lugo

O concelleiro socialista do Concello de Lugo Pablo Permuy Villanueva faleceu nas últimas horas,...

Dous detidos nunha pelexa en Lugo onde un dos implicados sacou unha pistola de aire comprimido

A Policía Local de Lugo detivo o pasado domingo a dúas persoas que participaban...