InicioLugo e contornaLugoO PP anuncia derrubamento do muro de Aspanais para o novo centro...

O PP anuncia derrubamento do muro de Aspanais para o novo centro de Saúde Mental de Lugo

O proxecto contempla a cesión de zonas sen uso edificable para o seu amaño, mellorando notablemente a contorna

PUBLICADA O

- Advertisement -

O futuro Centro de Saúde Mental que se construirá na antiga sede de ASPNAIS, na Rampla de Claudio López, será máis accesible e aberto á contorna urbana debido á inclusión no proxecto da demolición do muro que rodea a parcela.

Así o explicou este xoves a presidenta do PP municipal, Elena Candia, acompañada do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e outros membros do partido.

Esta actuación implicou unha modificación crave do proxecto inicial e foi realizada a petición do Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo. Así o comunicaron os responsables populares aproveitando a apertura esta semana do proceso de licitación para a redacción do proxecto básico e de execución do centro, cun orzamento de 125.660,27 euros.

O Goberno galego destinará 3,6 millóns de euros á rehabilitación integral do edificio, que albergará un centro de día, un centro residencial, unha área social e zonas polivalentes de uso común, cunha capacidade total para 80 persoas.

A proposta de eliminar o peche perimetral xurdiu da Comisión Técnica de Urbanismo do PP de Lugo, que trasladou esta recomendación á Consellería de Política Social o pasado 3 de xuño. Tras acordalo coa propia Consellería e coa entidade ALUME, alcanzouse o compromiso político para incluír esta actuación no deseño final.

Segundo explicou a portavoz do grupo popular, Elena Candia, a apertura do recinto suporá “un avance real cara a unha cidade máis integrada, accesible e ordenada. Demostramos que non só detectamos os problemas urbanísticos de Lugo, senón que tamén achegamos solucións”, asegurou.

A demolición do muro permitirá recuperar unha fronte de 90 metros por seis de fondo en cálea San Xillao, o que dará lugar a unha ampliación da calzada nunha vía moi transitada por peóns e vehículos. “Esta intervención mellorará a seguridade viaria e a fluidez do tráfico, e reforzará a conexión natural entre o barrio de Fontiñas e o centro urbano”, engadiu.

Ademais, o proxecto contempla a cesión de zonas sen uso edificable para o seu amaño, mellorando notablemente a contorna. O PP destaca que esta acción se anticipa ao desenvolvemento da unidade de actuación recollida na PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), “bloqueada desde a súa aprobación en 2011 por falta de avances por parte do Concello”.

OUTRAS INTERVENCIÓNS

Para os populares, este proxecto súmase a outras intervencións urbanísticas impulsadas no seu día polo partido, como a eliminación de tapóns en Caiñós, Carril das Hortas, Carril das Flores, Ramón Montenegro ou a urbanización de San Eufrasio, conectando esta zona con Fontiñas.

“Desde o goberno e agora desde a oposición, seguimos demostrando que hai outra forma de facer cidade: sen escusas e con solucións”, afirmaron, lembrando tamén que o pasado 12 de maio lograron o compromiso do Goberno galego para financiar un aparcadoiro público na Rolda de Fontiñas, unha proposta que -segundo denuncian- non recibiu apoio por parte do Concello.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...