InicioLugo e contornaLugoDenuncian en Inspección de Traballo filtracións de auga nos Xulgados de Lugo

Denuncian en Inspección de Traballo filtracións de auga nos Xulgados de Lugo

CSIF Xustiza esixiu unha "intervención urxente", ademais de "medidas efectivas que garantan a seguridade laboral e cidadá para evitar que a próxima tempada de choivas agrave aínda máis unha situación xa insustentable"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) presentou unha denuncia formal ante a Inspección de Traballo contra a Dirección Xeral de Xustiza polos “graves problemas” de filtracións de auga no edificio dos Xulgados de Lugo, “agravados durante este inverno e aos que aínda non se lle han dado resposta”, segundo alertaron.

Nunha nota de prensa, CSIF Xustiza esixiu unha “intervención urxente”, ademais de “medidas efectivas que garantan a seguridade laboral e cidadá para evitar que a próxima tempada de choivas agrave aínda máis unha situación xa insustentable”.

Así mesmo, o sindicato advertiu de que “non se pode permitir que o próximo inverno chegue sen solucións” e lembrou que a situación este ano “foi especialmente grave, co desprendemento do falso teito do Xulgado do Social número 4”.

Nesta liña, subliñou que tamén se rexistraron filtracións noutros xulgados do Social do mesmo piso, no terceiro piso e mesmo no vestíbulo de entrada, “pondo en risco a seguridade do persoal e da cidadanía que accede ao edificio”.

Con todo, o sindicato fixo fincapé en que advertiu noutras ocasións deste problema ante o Comité de Seguridade e Saúde celebrado o 9 de febreiro de 2023, así como en posteriores reunións do mesmo órgano.

“Tamén se enviaron numerosos escritos á Dirección Xeral de Xustiza e denunciouse publicamente en prensa, sen que a Administración adoptase medida algunha”, engadiu a continuación.

ÚLTIMAS

A Policía destaca a brutalidade empregada no asasinato de Cristina Cabo

A investigación policial levada a cabo tras o asasinato en 2022 de Cristina Cabo...

A escola Semente organiza o seu campamento de verán coa cultura galega e a natureza como protagonistas

O campamento de verán da escola Semente de Lugo terá lugar do 23 de xuño ao...

O veto a dúas edilas do PP na Milagrosa provoca a escisión na Federación Veciñal ‘Lucus Augusti’

Máis dunha ducia de asociacións de veciños formalizaron este martes a súa baixa da...

Lugo estudará a súa inclusión no plan de Transportes para implantar un billete único en 2026

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu información do Ministerio de Transportes para estudar a...