InicioLugo e contornaLugoApoio da Valedora do Pobo ao PP de Lugo para fiscalizar as...

Apoio da Valedora do Pobo ao PP de Lugo para fiscalizar as contas do San Froilán

Así o explicaron os concelleiros populares Mar Carballas e Javier Vázquez, que aseguraron que solicitaron as contas ata en cinco ocasiones, pero "desde o BNG utilizaron diferentes escusas" para denegar o acceso

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo volveu a reclamar ao Concello as contas das festas de San Froilán, unha vez que a Valedora do Pobo enviou dous requirimentos nos que insta o Goberno local a que faga entrega das mesmas.

Así o explicaron os concelleiros populares Mar Carballas e Javier Vázquez, que aseguraron que solicitaron as contas ata en cinco ocasiones, pero “desde o BNG utilizaron diferentes escusas” para denegar o acceso.

Neste contexto, o partido da oposición acudiu á Valedora do Pobo por primeira vez sobre este tema no mes de agosto, que aceptou a demanda e emitiu o primeiro requirimento ao Concello en novembro. Agora, acaban de recibir un segundo requirimento.

“Nos informes recoñécese que a actuación do Concello supón unha limitación inxustificada ao dereito fundamental da oposición para exercer as súas funcións de control e fiscalización, recoñecido pola Constitución Española e pola normativa de transparencia. Tamén advirte que non presupón a elaboración de ningún informe a medida, tal e como o goberno local utiliza como escusa para non facilitar a documentación”, argumentaron os populares.

Do mesmo xeito, advertiron que o Goberno local ten un mes de prazo para entregar a documentación, “ou enfrontarse ás consecuencias da negativa”.

Nesta liña, os edís populares manifestaron que “o único que” lles provoca “este tipo de actitudes” é “a sospeita de que teñen algo que ocultar” e lembraron que “hai antecedentes de irregularidades nas contratacións e incumprimentos da lei por parte deste goberno; que só se pon de acordo para que a alcaldesa se ausente durante dúas horas para que Arroxo firme facturas con reparos de intervención”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo e Santiago estarán conectadas por autovía o vindeiro verán tras finalizar a A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que Lugo quedará plenamente comunicada...

Reigosa denuncia insultos e lanzamento de moedas antes da moción que pode cambiar o goberno de Lugo

A concelleira non adscrita María Reigosa confirmou a presentación dunha denuncia ante a Policía...

As obras da intermodal de Lugo estarán finalizadas en xuño

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, asegurou este luns que as obras...

Equigal recibirá 40.000 euros da Deputación para financiar a súa nova edición entre o 8 e o 17 de maio

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o responsable do Pazo de...