Home Cultura Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo

Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo

0
Galardón para as Audioguías dos Ancares que entran nun catálogo dos mellores camiños sonoros do mundo
Arquivo - Artistas da serie de viaxes sonoras 'Vos Andares'. VOS ANDARES - Arquivo

‘Vos Andares’ é unha serie de viaxes sonoras creada por artistas de diferentes ámbitos coa que se pode percorrer Os Ancares a través de media ducia de audioguías. Esta iniciativa gañou o Premio Sound Walk September 2024, o que supón entrar en “o catálogo internacional dos mellores camiños sonoros do mundo”.

A proposta está impulsada por Fósforo Arte & Cultura xunto ao colectivo Galiza Emocional. Os capítulos están elaborados ao amparo do programa Territorio Cultura da Xunta de Galicia e co patrocinio da Deputación de Lugo. O seis audioitinerarios atópanse en galego, castelán e inglés.

Cada capítulo está centrado nos municipios lucenses de Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita, Becerreá e Baralla, cunha duración entre os 32 e os 47 minutos. Está dispoñible na rede de forma gratuíta a través da web www.osandares.com.

Iria Azevedo, Marcos PTT, Avelina Pérez, Clara Gayo, José Díaz e María Lado son os artistas creadores destes audios nos que se mestura documental con ficción para percorrer a historia, patrimonio e paisaxe. Ademais, cóntase coas voces dos veciños para rexistrar a memoria da zona.

A perspectiva ecolóxica ten “unha presenza transversal ao transmitirse reflexións sobre a urxencia na protección da enorme biodiversidade deste territorio e sobre os efectos irreparable do despoboamento no espazo”.

+ posts