InicioLugo e contornaLugoPaula Alvarellos celebra a nova pasarela ao Miño "a pesar das continuas...

Paula Alvarellos celebra a nova pasarela ao Miño “a pesar das continuas esixencias” da Xunta

A alcaldesa de Lugo esgrimiu que a consecución deste acceso sitúaos "máis preto" do seu obxectivo final

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, xunto co resto de edís do seu goberno, visitou este martes a pasarela de acceso ao río Miño no seu día de apertura ao público. Así, a rexedora sinalou que “a pesar das continuas esixencias” da Xunta, Lugo está máis preto de ter “unha zona de baño estable”.

Nunha nota de prensa, o goberno local esgrimiu que a consecución deste acceso sitúaos “máis preto” do seu obxectivo final, aínda que matizou que esta “non é a zona de baño que queren” pero é “a mellor á que lles deixaron optar”.

Así mesmo, a rexedora subliñou que o seu goberno logrou “evidenciar” ante os veciños o “boicot” do que, aseguran, que “todos os lucenses son vítimas”.

Neste sentido, lembrou que os trámites para colocar a infraestrutura na beira do Miño “alongáronse durante todo o verán”. De feito, Alvarellos asegurou que o seu goberno “solicitou o permiso para instalar esta rampla provisional antes do verán” co obxectivo de que a cidadanía “puidese acceder ao río de forma segura” durante o período estival.

Deste xeito, esgrimiu que “non puideron abrila” ao públcio ata agora polas “continuas trabas e esixencias” do Executivo galego. “É obvio que seguimos sendo reféns políticos e que o obxectivo segue sendo privar aos lucenses de gozar do río como fan con outros concellos”, subliñou.

Respecto á montaxe desta rampla, Alvarellos fixo fincapé en que “máis aló dos traballos de prospección a instalación desta infraestrutura non supuxo custo adicional para as arcas municipais”, porque indicou que a pasarela se fixo con material do que “xa dispuñan e con medios propios”.

ÚLTIMAS

Dáse á fuga tras tirar a un motorista e case atropelar a algúns peóns

O condutor dun turismo deuse á fuga este luns en Lugo tras chocar por...

O PP critica a PSdeG e BNG por non apoiar a instalación de Altri

O PP subliñou este martes o seu apoio á implantanción da factoría de Altri...

Case douscentos veciños de Lugo participan esta semana no programa ‘Coñece a túa Provincia’

Máis de 180 veciños de seis entidades da provincia de Lugo participan esta semana...

Retiran a rampla de acceso ao Miño inaugurada hai 13 días por acabarse o permiso para este verán

Os servizos municipais retiraron este luns a pasarela de acceso ao río Miño en...