Home Lugo e contorna Lugo Crece o turismo na cidade de Lugo superando os datos de xullo de 2023

Crece o turismo na cidade de Lugo superando os datos de xullo de 2023

0
Crece o turismo na cidade de Lugo superando os datos de xullo de 2023
Información a turistas en Lugo. CONCELLO DE LUGO

O turismo creceu na cidade de Lugo, cun mes de xullo que superou os datos do ano pasado, segundo informa a concelleira da área, Maite Ferreiro.

Así, as distintas instalacións turísticas municipais recibiron o pasado mes a 19.374 persoas, case mil máis que en xullo de 2023. “Algunhas duplicaron o número de visitantes”, apunta tamén.

En concreto, a Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo atendeu en total a 5.813 turistas durante xullo, mentres que o posto de información turística da praza Maior recibiu 6.225 visitantes.

A edil tamén destacou as visitas a centros museísticos e “o aumento de persoas que se achegan á cidade froito da campaña Lugo Km 100, que está a situar ao noso concello como un referente do turismo de calidade e proximidade”.

+ posts