InicioLugo e contornaLugoCrece o turismo na cidade de Lugo superando os datos de xullo...

Crece o turismo na cidade de Lugo superando os datos de xullo de 2023

A Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo atendeu en total a 5.813 turistas durante xullo, mentres que o posto de información turística da praza Maior recibiu 6.225 visitantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O turismo creceu na cidade de Lugo, cun mes de xullo que superou os datos do ano pasado, segundo informa a concelleira da área, Maite Ferreiro.

Así, as distintas instalacións turísticas municipais recibiron o pasado mes a 19.374 persoas, case mil máis que en xullo de 2023. “Algunhas duplicaron o número de visitantes”, apunta tamén.

En concreto, a Oficina Municipal de Turismo da praza do Campo atendeu en total a 5.813 turistas durante xullo, mentres que o posto de información turística da praza Maior recibiu 6.225 visitantes.

A edil tamén destacou as visitas a centros museísticos e “o aumento de persoas que se achegan á cidade froito da campaña Lugo Km 100, que está a situar ao noso concello como un referente do turismo de calidade e proximidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...