O goberno local de Lugo acusou ao PP de “distorsionar” os datos sobre o consumo da auga facilitados nas comisións de pleno co obxectivo para xerar alarma” para desacreditar a xestión municipal e xerar alarma social.
Así o trasladou nun comunicado despois de que o Grupo Municipal do PP de responsabilizase ao goberno local de malgastar “a metade da auga que se potabiliza” na cidade e instáseo a pór en marcha un “plan exhaustivo de control de fugas” para evitar a perda dos recursos hídricos. “O 45% da auga que se potabiliza na nosa cidade, ou ben se perde en fugas ou en consumos ocultos”, sinalaron.
“En ningún caso o dato facilitado esta mañá polos populares correspóndese co dato real por fugas ou consumos ocultos, xa que na porcentaxe sinalada non se inclúen outros usos polos que o PP non preguntou nesa comisión, ben de forma intencionada ou ben por descoñecemento“, sinalou.
Segundo os datos esgrimidos polo PP, relativos aos consumos de auga no Concello de Lugo e facilitados, indicaron, polo propio Goberno municipal na Comisión permanente de Transición Ecolóxica celebrada o pasado 23 de maio, existe “un descuadre de 4.486.790 metros cúbicos” entre o volume de auga tratada e vertida na rede de abastecemento e aquela consumida e destinada a baldeos.
Respecto diso, o goberno local sinalou que o groso da porcentaxe contabilizada corresponde ao consumo correspondente de todos os edificios municipais, incluíndo entre eles a todos os centros de educación primaria e infantil, as instalacións deportivas, os edificios administrativos e os equipamentos de carácter social e veciñal. Tamén o baldeo de rúas, onde indican que o dato facilitado polo PP non se adecua á realidade, e a régaa de parques e xardíns. Polo que en ningún caso esa porcentaxe sitúase no 45%.
O consistorio lembra que en España se contabiliza que a auga non rexistrada alcanza unha media do 20% do total dispoñible nas cidades, polo que apuntan que “non é unha realidade que afecte de forma exclusiva a Lugo”.
Ademais, destaca que, co obxectivo de alcanzar un mellor aproveitamento dos recursos hídricos, o Concello de Lugo solicitou financiamento europeo pendente de adxudicar para, entre outras medidas, substituír os contadores actuais, por outros telemáticos, máis rigorosos na lectura.
Deste xeito, o goberno local contempla un total de 12 actuacións dentro do Proxecto Aquavanza para abordar este asunto, cuxa investimento total asciede a 8,8 millóns de fondos aínda sen asignar.