InicioSociedadeO custe por día do aparcadoiro do HULA redúcese a catro euros

O custe por día do aparcadoiro do HULA redúcese a catro euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos adxudicou o contrato para a xestión, explotación e mantemento do aparcadoiro de uso público do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) á empresa Promoparc Subterráneo Servizos SL, unha das sete empresas que se presentaron ao proceso administrativo.

novo contrato, que terá unha duración de cinco anos desde o momento da firma, supón, segundo sinalou a área sanitaria nun comunicado, a “redución substancial das tarifas aplicadas, que nalgúns casos redúcense practicamente á metade”.

Entre as novas tarifas que a empresa concesionaria aplicará no HULA, atópanse a gratuidade dos 15 primeiros minutos de estacionamento, unha “importante rebaixa” no prezo da hora, que pasa de custar 1,63 euros a 0,70 euros, ademais de que os primeiros 59 minutos terán un prezo de 0,10 euros.

Tamén será “substancial” a rebaixa do prezo dun día, que pasará a custar catro euros por estacionar no aparcadoiro do HULA durante 24 horas, así como a redución no prezo dos bonos que, coas novas tarifas definidas no contrato de adxudicación, un bono de cinco días naturais non consecutivos terá un custo de 18,40 euros e o bono para 30 días naturais non consecutivos quedará reducido a 39 euros.

A empresa adxudicataria deberá abonar un canon anual de 56.000 euros ao HULA pola xestión, explotación e mantemento do seu aparcadoiro subterráneo que conta con máis de 600 prazas, repartidas en dous pisos.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...