InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa de Lugo nega o peche do vicerreitorado da USC e...

A alcaldesa de Lugo nega o peche do vicerreitorado da USC e sinala a un “cambio de usos”

"O que me traslada unha institución, un cargo institucional como o vicerreitor do Campus de Lugo é que isto non é certo e eu non teño por que desconfiar das súas palabras", defendeu Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, negou este xoves o peche do vicerreitorado do campus da USC no centro da cidade, atribuíndo a que se traballa nun “cambio de usos” do edificio que alberga ditas oficinas e a exposición da Domus Mitreo.

“O que me traslada unha institución, un cargo institucional como o vicerreitor do Campus de Lugo é que isto non é certo e eu non teño por que desconfiar das súas palabras”, defendeu.

Se isto fose unha realidade, a primeira que sairía reivindicando esta situación sería eu. Non é menos certo que o campus, e xa o manifestamos en numerosas ocasións, é importantísimo para o desenvolvemento social e económico de Lugo”, destacou.

A alcaldesa volveu a reiterar que “o que me traslada o vicerreitor”, tamén o reitor da USC, é que “isto non é certo, que se vai a facer un cambio de usos co que se pretende todo o contrario que é seguir dinamizando este centro para que siga interactuando coa sociedade”.

Seguidamente aproveitou para condenar que “este mesmo xesto”, deconsultar coa universidade, “non o fixese tamén aquela persoa que aspira a gobernar unha institución”. “Se o modo de operar é facer caso a un comentario que se escoita sen contrastar, se isto é certo ou non é certo, e verter opinións sobre a miña persoa, é un mal comezo para alguén que aspira a gobernar unha institución“, apuntou en clara referencia á candidata do PP á alcaldía, Elena Candia.

A rexedora de Lugo fixo especial fincapé en que se alguén apoia ao campus de Lugo son e foron “o Concello e a Deputación, non así a Xunta de Galicia”.

Polo demais, ante a proliferación de okupas e dun incremento da delincuencia no barrio da Milagrosa, Lara Méndez deixou claro que “con que haxa un só caso de okupación é un tema importante”, polo que, de haber un repunte de casos, reunirase a Xunta Local de Seguridade para abordar o tema de forma “transversal”.

Do aumento de delincuencia, Méndez significou que “sempre que haxa unha incidencia refórzase automaticamente” a seguridade neses lugares de actuación, así como para combater “os botellóns ou as carreiras ilegais”.

“Sempre que temos coñecemento, mesmo con anterioridade polas propias redes sociais prepárase un operativo especial de actuación”, constatou finalmente sobre ditas carreiras.

ÚLTIMAS

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna

A Xunta de Galicia iniciou unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida,...

O PP de Lugo reclama unha aposta “decidida e exemplar” polo Servizo de Axuda no Fogar

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo esixe ao goberno local unha aposta...

Investigan o suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo iniciaron dilixencias para esclarecer un posible caso de violencia...

Identificado un ‘taxista pirata’ que facía traslados ilegais desde o HULA e ao que interveñen varias armas prohibidas

A Garda Civil identificou a un veciño de Lugo de 31 anos de idade, e con...