InicioLugo e contornaLugoInterceptado un condutor con alcoholemia positiva, circulando en zigzag e sen ITV...

Interceptado un condutor con alcoholemia positiva, circulando en zigzag e sen ITV en vigor

Outro condutor foi denunciado por levar un adhesivo falso da ITV, a pesar de tela caducada desde hai un ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron na madrugada deste xoves a un condutor que circulaba de forma temeraria, con taxa de alcoholemia superior á permitida e cuxo vehículo non pasara a Inspección Técnica obrigatoria.

Segundo informaron fontes policiais, un operativo nocturno do 092 detectou o coche circulando en zigzag pola rúa Yáñez Rebolo, e observou que o condutor presentaba signos de embriaguez. Tras darlle o alto, realizáronlle un test de alcoholemia, que arroxou un resultado positivo de 0,83 mg/l.

Por estes feitos, o condutor foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria e o seu coche inmobilizado. Ademais, os axentes comprobaron que non levara o vehículo a pasar a ITV, e que os pneumáticos xa non tiñan debuxo nas ranuras das bandas de rodaxe, polo que tamén foi denunciado por estas infraccións.

Dáse a circunstancia de que este mesmo vehículo fora denunciado horas antes nun control na rolda da Carmen, nesa ocasión por exceder a velocidade permitida. Esta infracción supón multa de 300 euros e retirada de dous puntos de carné.

FALSIDADE DOCUMENTAL

Por outra banda, a Policía Local de Lugo tamén informou dunha intervención na noite do mércores, na que se detectou un coche na rúa Monte Picato que tiña a ITV caducada desde había un ano.

Con todo, o vehículo tiña no parabrisas un adhesivo de cor verde, simulando ser de ITV Galicia, con validez ata febreiro de 2022. Ao ser preguntado por isto, o propietario do coche asegurou que o comprou hai pouco e que descoñece por que existe esa discordancia entre a documentación do vehículo e o adhesivo.

Os axentes interviñeron o adhesivo e instruíron dilixencias por un presunto delito de falsidade documental, así como denuncia por circular sen pasar a inspección obrigatoria.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...