InicioLugo e contornaLugoA Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de ampliación do...

A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de ampliación do centro de procesado de Coren

Esta declaración supón a redución á metade dos prazos de tramitación para levar a cabo un proxecto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello da Xunta declarou este xoves como iniciativa empresarial prioritaria o proxecto de ampliación de Novafrigsa, o centro de procesado de carne de Coren en Lugo, o que lle permitirá reducir á metade o prazo de tramitación.

Segundo explicou a Xunta, a proposta, na que a compañía prevé mobilizar investimentos por valor de 10 millóns de euros, integra a construción dunha nova nave industrial, así como a adquisición de maquinaria, equipamento e software, o que reforzará a súa capacidade de produción e abrirá novas oportunidades de negocio.

Neste sentido, conforme indicou a Administración autonómica, ao automatizar a liña de despezamento, a clasificación do produto, o seu almacenamento e o picking, Coren busca transformar a industria nunha organización intelixente coa que aumentar a produtividade, mellorando a calidade do produto e as condicións dos traballadores.

A Xunta indicou que esta declaración, aprobada por petición do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), enmárcase na filosofía da Lei de simplificación administrativa que supón, na práctica, a redución á metade dos prazos de tramitación para levar a cabo un proxecto, ratificando igualmente todas as garantías xurídicas durante o procedemento.

O proxecto súmase ás sete iniciativas empresariais prioritarias xa declaradas e lideradas por Cortizo (Padrón), Albo (Salvaterra de Miño), Oviganic (Monforte de Lemos), Sogama (Vilanova de Arousa), Ignacio González Montes (Ribeira) e Bionerxías de Lugo e Sarreaus (Ourense).

TRANSFERENCIA DUNHA ESTRADA AO CONCELLO DE LUGO

Por outra banda, o Consello da Xunta autorizou a transferencia a favor do Concello de Lugo da rúa Fermín Rivera, coincidente coa estrada provincial LU-P-2911.

A Xunta detallou que se transfire o tramo de 703 metros de lonxitude, con inicio no cruzamento coa estrada vella de Santiago, na intersección da Ponche Vella, e finalización nas proximidades da Igrexa de San Lárazo.

A entidade local terá competencia para actuar neste tramo e asumirá a responsabilidade da súa conservación e mantemento. O decreto aprobado este xoves polo Executivo autonómico producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ÚLTIMAS

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...

As Nogais homenaxea a tres veciños deportados a campos nazis coa colocación de ‘storpelsteine’

As Nogais homenaxeou este sábado a tres veciños que foron deportados a campos de...

A Deputación de Lugo denuncia que o PP falsea o alcance das sentenzas de Tragsa

A Deputación de Lugo aclara con rigor xurídico, base normativa e fidelidade ás resolucións...