InicioLugo e contornaLugoA Policía Local interveu en case unha decena de festas particulares na...

A Policía Local interveu en case unha decena de festas particulares na madrugada de Fin de Ano en Lugo

Tres persoas foron denunciadas tras dar positivo en alcholemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interveu en case unha decena de festas particulares na madrugada de Fin de Ano, segundo informa. Na madrugada do 31, outra patrulla tivo que trasladarse á rúa Bispo Ona de Echave por queixas de ruídos nunha vivenda, o que motivou unha denuncia por infracción á ordenanza de protección ambiental.

No caso da madrugada do 31 de decembro ao 1 de xaneiro, patrullas do grupo operativo nocturno interviñeron en vivendas de Juana Ibarborou; Montirón, en dúas ocasións no mesmo domicilio; Santo Graal; Serra de Ancares; Rolda das Mercedes; Trapero Pardo; Poeta Cabanillas e San Roque.

No que se refire ao control de medidas Covid, levantouse denuncia de infracción á Lei de Saúde de Galicia a seis persoas por ir camiñando pola vía pública sen facer uso da máscara.

ACCIDENTES

Noutra orde de cousas, tres persoas foron denunciadas tras dar positivo nas probas de alcoholemia que se practicaron por accidentes de circulación. Un produciuse o día 30, ás 21,45 horas, na rúa Quiroga, cando unha motocicleta pasou rozando a un turismo que estaba detido no carril de circulación. O condutor da motocicleta deu positivo.

Outro se produciu na rúa Loureiros ao detectar os axentes locais a circulación irregular dun vehículo, cuxo condutor tamén deu positivo. O terceiro foi na praza Fonte dos Ranchos.

Así mesmo, os axentes tiveron diferentes actuacións vinculadas con caídas de persoas maiores, algunhas na rúa, como unha muller de 63 anos, o día 30, e outras no seu domicilio, como unha muller de 96 anos nunha casa da rúa da Raíña.

+ posts

ÚLTIMAS

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...