InicioEconomíaUn total de 88.000 m2 das Gándaras, a concurso no primeiro trimestre

Un total de 88.000 m2 das Gándaras, a concurso no primeiro trimestre

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta convocará no primeiro trimestre de 2022 o concurso de venda de chan no parque empresarial das Gándaras, co que se disporán 88.000 metros cadrados para a instalación de empresas.

Así o adiantou este martes a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quen visitou esta zona empresarial e fixo entrega ao Concello de Lugo das obras de urbanización da segunda fase. Vázquez destacou a función de polo empresarial das Gándaras para a provincia e para Galicia e reivindicou o compromiso do Goberno galego con esta área.

Así, segundo os números que traslada a súa consellería nunha nota de prensa, o Executivo autonómico destinou 53 millóns para actuacións executadas ou en curso.

ÚLTIMAS

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á...

María Reigosa rompe co PSOE no seu primeiro pleno tras a renuncia e vota co PP para esixir melloras nun barrio de Lugo

A edil do Concello de Lugo María Reigosa desmarcouse do Grupo Municipal Socialista e...

Rebaixan a pena dun agresor sexual de 27 a 3 anos ao pagarlle 150.000 euros á vítima

A Audiencia provincial de Lugo pechou este xoves o caso dun home acusado de...

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...