InicioLugo e contornaLugoUn home acusado de malos tratos, agresións sexuais e ameazas á súa...

Un home acusado de malos tratos, agresións sexuais e ameazas á súa parella nega os feitos

Os malos tratos "constantes", físicos e psicolóxicos, produciríanse durante máis de cinco anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home, de nacionalidade romanesa, acusado presuntamente de abusar sexualmente da súa parella, á que tamén maltratou física e psicolóxicamente a través de insultos e ameazas, negou os feitos, no xuízo que arrincou este venres na Audiencia Provincial de Lugo.

“Nin falar mal, nin pegar, nin insultala, nin nada”, afirmou en declaracións á defensa, tras negarse a responder as preguntas da fiscalía e da acusación particular.

Sentado no banco dos acusados xunto a un “cómplice” requirido pola acusación particular que inclúe un delito a maiores, o de “explotación sexual”, que incorrería o outro procesado para o que pide 21 meses de prisión.

Por estes feitos, a Fiscalía solicita unha pena de 17 anos de prisión polos delitos de agresión sexual, malos tratos e ameazas, aos que a acusación particular suma seis máis por “indución á prostitución”.

Segundo a fiscalía, o acusado saía de prisión a finais de 2018, momento no que se puxo en contacto coa vítima, á que reclamaría baixo ameazas que se desprazase desde Valencia a Lugo para retomar a súa relación. Respecto destas acusacións, o procesado  declarou que foi ela a que veu desde a capital do Turia ata Lugo, e testemuñaba, a continuación, que con ela “nunca houbo ningún problema”.

Na mesma liña, a acusación pública mantén que a muller se presentou na cidade das murallas a finais de abril de 2019 e empezou a vivir co suposto agresor nunha casa abandonada. Durante as seguintes semanas, o home obrigou á vítima, tamén baixo ameazas, a ter relacións sexuais.

Xa o 15 de maio de 2019, despois de forzar á muller a mantener relacións, o acusado se personouse nas inmediacións do parque da Igrexa do Carmen, na cidade de Lugo, onde se atopaba a muller. Alí, empezou a propinarlle puñadas e patadas, e segundo a Fiscalía, dicíalle que “ou estaba con el ou con ninguén”, ademais de insultala.

O avogado da acusación particular, Xurxo Mato, antes de entrar na sala, remarcou que a súa defendida “está nunha situación sicolóxica moi delicada, porque lle afectaron moito os feitos”. Seguidamente puntualizou que “os feitos” narrados nas acusacións “son moi duros e xa non foi polo que pasou polas últimas semanas de relación, desde a saída de prisión, senón todo o que pasou nos últimos cinco anos de relación que foi uns malos tratos constantes, psicolóxicos e físicos“.

Tras pasar case tres anos dos feitos, o avogado relatou que á vítima “cústalle moito revivir o sucedido e menos mal que conta con axuda psicolóxica”. A defensa do principal procesado, María Montes, xa adiantaba que ía pedir a “libre absolución” ao “crer fiel e firmemente na inocencia” do seu cliente. “Entendemos que non existe proba de cargo”, deslizaba finalmente á vez que deixaba caer que era a “palabra dela contra a del”.

Ademais das penas de cárcere, a fiscalía solicita 25 mil euros de indemnización, que se elevan ata o 150 mil no caso da acusación particular.

ÚLTIMAS

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...