InicioLugo e contornaLugoIdentificados tres mozos por dispararse cunha arma de 'airsoft' en Lugo

Identificados tres mozos por dispararse cunha arma de ‘airsoft’ en Lugo

Tamén foi intervido un rifle escondido detrás dunha árbore.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou a dous mozos por disparar unha arma sen ter licenza e a un terceiro, propietario da mesma, por carecer tamén de cartón de armas, ademais de intervir un rifle propiedade do terceiro escondido detrás dunha árbore.

Segundo relatou a Policía Local, na tarde do pasado 26 de outubro unha patrulla foi enviada á rúa Illa da Toxa porque uns mozos efectuaban disparos cunha escopeta a unhas galiñas no lugar.

Ao chegar, os policías identificaron a dous mozos que respondían á descrición achegada por testemuñas, de 24 e 18 anos, que, ao ser preguntados polos feitos, manifestaron que fixeran uso dunha arma de ‘airsoft’, que proxecta bólas de plástico, “dirixindo algúns disparos a lugares nos que non se atopaban persoas nin animais“.

Tamén indicaron que dirixiron disparos cara á persoa dun e outro, feito que constataron os axentes xa que un dos mozos “presentaba varias marcas de negróns compatibles cos impactos”, concretan as mesmas fontes municipais.

Os axentes localizaron, ademais, un rifle escondidos detrás dunha árbore, que identificaron como “unha arma de cuarta categoría de Regulamento de Armas, suxeita a cartón de armas para que autorice o porte e uso”, sinala a Policía Local, autorización da que carecían eses dous mozos.

Como ambos os mozos manifestaron que non eran propietarios da arma intervida, foi localizado o titular da mesma, un mozo de 19 anos, o cal non acreditou ningún documento que xustificase a compra do rifle e, ademais, carece de cartón de armas.

Os axentes trasladáronse á tenda onde o mozo dixo que adquirira o rifle. No establecemento, concretaron as mesmas fontes policiais, figuraba nos rexistros como vendida a esta persoa. Por todo iso, tramitaron acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá e por infracción ao Regulamento de Armas, que foi remitida á intervención de armas da Garda Civil de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...