InicioLugo e contornaLugoAs compras de Nadal nos comercios de Lugo poden ter desconto

As compras de Nadal nos comercios de Lugo poden ter desconto

A Deputación Provincial lanza un programa de apoio ao comercio local dotado con 50.000€.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo e a Federación Galega do Comercio subscribiron este martes un convenio de “colaboración” para impulsar a campaña ‘Mercando en Lugo’, polo que a institución provincial achegará 50.000 euros.

Nunha rolda de prensa na sede provincial de San Marcos, á que acudiron o titular da Deputación lucense, José Tomé, e o presidente da Federación do Comercio, José María Seijas, o primeiro destacou que esta iniciativa “ten por obxectivo pór en valor a calidade do comercio local, a calidade de atención que ofrecen as tendas dos nosos barrios e das nosas vilas e destacar o peso fundamental na economía e no emprego”.

Tomé puntualizou que dita campaña, tamén denominada como ‘Merca no comercio local, merca na provincia de Lugo’, é “unha acción máis dentro desta continua colaboración cun sector fundamental para a economía da provincia, que sostén máis de 20.000 empregos e que representa en torno ao 13 por cento do Produto Interior Bruto da provincia”.

Esta iniciativa “premiará con descontos aos clientes que fagan as súas compras neste tipo de establecementos”, sinalou Tomé. “E ao mesmo tempo buscamos incentivar as compras físicas nos meses de novembro e decembro cando o comercio de sempre vese máis afectado por campañas impulsadas polas grandes superficies”, incidiu.

A campaña permitirá, debullou Tomé, que “pola compra dun mínimo de dez euros, os clientes entrarán en sorteos semanais de bonos de 30 euros, uns bonos que logo se trocarán nos comercios da provincia e nestes dous meses repartiremos un mil bonos, o que supón pór en circulación 30.000 euros en premios para as compras no comercio local”.

“MOI AMBICIOSA”

Polo seu lado, o presidente da Federación Galega do Comercio, José María Seijas, concretou que “arrincará o próximo día 15 de novembro e prolongarase ata o 31 de decembro”. Seijas celebrou que “se trata dunha campaña moi ambiciosa, coa repartición nada menos que de 30.000 euros en premios, buscando que o consumidor compre no comercio local”.

Ese “mil premios vanse a repartir entre mil clientes o que supón que se fagan mil vendas, e van recibir cada un deles un bono cartón cargado con 30 euros cada cartón, para poder seguir comprando nalgún dos 5.500 establecementos comerciantes polo miúdo da provincia de Lugo”.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...