InicioLugo e contornaLugoOs gandeiros galegos mobilízanse en Lugo para denunciar a situación "crítica" das...

Os gandeiros galegos mobilízanse en Lugo para denunciar a situación “crítica” das granxas

A suba da luz e a conxelación dos prezos do leite están detrás dunha situación que ameaza a supervivencia dun modelo económico fundamental no rural galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sector agroalimentario galego atravesa un momento “crítico”, segundo as fontes do sector. Logo de ano e medio de pandemia que puxo contra as cordas a moitas granxas, as explotacións lácteas de Galicia vense ameazadas pola incesante suba da luz, que nestas xornadas segue a marcar máximos históricos e que aventura un inverno con facturas desproporcionadas malia as promesas do Goberno central.

Por iso, a plataforma Agromuralla vén de convocar unha mobilización na cidade de Lugo na que gandeiros e achegados protestarán contra o incremento duns custos que non se ve aparellado na suba do prezo de compra polos supermercados. O resultado, unhas contas cada vez máis difíciles de cadrar e fronte ás cales a plataforma demanda “prezos xustos para os produtores de leite”.

Dende Agromuralla piden a participan xeral da sociedade, porque a morte das explotacións lácteas non só daría fin a un dos sectores máis grandes e emblemáticos do sector primario galego, senón que tamén poñería en dificultades “o mantemento da vida e a actividade económica nas zonas rurais”, unha problemática que estes meses está de especial actualidade ante o peche de oficinas bancarias e os recortes de servizos públicos.

PREZO DA LUZ

Os gandeiros sairán así á rúa este xoves 4 de novembro para reclamar unha suba do prezo do leite en orixe que compense o “incremento desmesurado” dos custos de produción que están a sufrir as explotacións como consecuencia da suba do prezo da enerxía, os combustibles e os pensos. A protesta arrincará ás 12 da mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, previa presentación por rexistro dun escrito coas reivindicacións, e discorrerá polas rúas da cidade até rematar diante da Subdelegación do Goberno, na rúa Armanyá, onde os gandeiros e gandeiras rexistrarán un escrito dirixido ao Ministerio de Agricultura coas súas demandas.

“Durante os meses de confinamento e pandemia sanitaria recibimos moitas mostras de apoio e agradecemento porque os gandeiros e gandeiras seguimos traballando todo este tempo para producir alimentos e que os liñais dos supermercados non quedasen desabastecidos. Agora é o momento de devolver ese compromiso que os gandeiros e gandeiras tivemos coa sociedade apoiando a nosa xusta e lexítima reclamación duns prezos dignos que cubran o incremento de custos de produción que estamos a sufrir nos últimos meses as explotacións por unha suba insostible da luz, os pensos e o gasóleo e que está a afogar ás granxas”, asegura José Luis Pérez Barreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce a un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...