InicioLugo e contornaLugoDesaloxan unha peregrina alemá que acampaba nun cemiterio para pasar a...

Desaloxan unha peregrina alemá que acampaba nun cemiterio para pasar a noite

A muller foi identificada e requerida para que abandonara o camposanto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo desaloxou a unha peregrina alemá que acampara no cemiterio de San Lázaro para pasar a noite mentres realiza o Camiño de Santiago. O párroco da igrexa de San Lázaro foi o que deu a voz de alerta na mañá do pasado sábado, 2 de outubro, pola presenza dunha tenda de campaña no camposanto.

No lugar personouse a Policía de Barrio da Policía Local de Lugo. Alí, comprobouse que a muller era unha camiñante, que foi identificada e requirida para que abandonase o lugar, cuestión que fixo “ao momento”, segundo explican os axentes. A muller instalara a súa tenda de campaña pegada ás tumbas.

Precisamente, os veciños do barrio reuniron diñeiro recentemente para realizar arranxos no cemiterio ante as zonas danadas existentes. A igrexa de San Lázaro e o cemiterio atópanse no lucense barrio da Ponte, nunha contorna no que estaba situado un antigo lazareto.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...

Méndez cre que o papel de María Reigosa “demostra que Candia mercadea con Lugo” e avisa: “Pasará factura”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, cre que o papel de María...

Candia comeza o seu mandato retirando unha bandeira palestina e reuníndose con representantes do persoal municipal

A popular Elena Candia arrincou a súa nova etapa como alcaldesa de Lugo e...

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....