InicioLugo e contornaLugoA zanfona, protagonista dun encontro de referencia "mundial" en Lugo

A zanfona, protagonista dun encontro de referencia “mundial” en Lugo

“Celme de Zanfona” dará tres días de concertos, conferencias e mesas redondas esta fin de semana na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo reivindicarase esta fin de semana como o centro de referencia “mundial” da Zanfona. Así o apuntou o deputado provincial de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, na presentación do encontro “Celme de Zanfona”, tres días de conferencias, comunicacións, mesas redondas e concertos ao redor deste instrumento milenario, que se desenvolverán do 10 ao 12 de setembro no Centro de Artesanía e Deseño e no Pazo de San Marcos.

Segundo destacan dende a Deputación, o programa reúne unha trintena de  músicos, persoas investigadoras da música tradicional, docentes e artesáns que fiarán o “pasado, presente e futuro” da zanfona galega, no que ten que ver co seu proceso de construción e conservación material, coa súa sonoridade e co seu papel na tradición musical galega.

No programa figuran desde músicos pioneiros e compiladores da tradición como Miro Casabella, Xose Lois Rivas “Mini”, María Xosé López Villar ou Baldomero Iglesais ata mestres artesáns como Xaneco Tubío, César Loureiro ou Xermán Arias, alén de músicos e docentes como Suso Vaamonde, Anxo Pintos, Uxía Muíño ou Bruno Villamor, investigadores como Carlos Villanueva ou Pablo Quintana e restauradoras como Blanca Besteiro.

Ademais, presentaranse oito comunicacións sobre zanfonas conservadas por distintos centros museísticos de Galicia. “Con estas e outras pezas custodiadas tamén por asociacións culturais e coleccionistas privadas desenvolveuse un catálogo interactivo con imaxes en 360 graos con vistas do interior e orfotografías métricas, un documento de suma importancia para estudo da zanfona” que, de acordo coas mesmas fontes, contou coa colaboración do Museo de Pontevedra, o Museo Massó de Bueu, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, o Museo Arqueolóxico de Ourense ou a Escola de Artes e Oficios de Vigo, así como a asociación Cántigas da Terra da Coruña ou o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e que será presentado na xornada do domingo.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo...

A Deputación garante o transporte escolar en Cervantes na LU-P-1402 despois dos danos causados pola choiva

A Deputación de Lugo garantirá a circulación do transporte escolar ao seu paso pola...

O PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco Histórico

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta...