InicioPolíticaOrozco "aliviado" tras recomendar o fiscal pechar a a décima e última...

Orozco “aliviado” tras recomendar o fiscal pechar a a décima e última causa de Pilar de Lara contra el

"Estou alividado de soltar a mochila que levo ao lombo desde hai nove anos", di.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O que foi alcalde da capital lucense, José López Orozco, asegurou sentir “alegría e alivio” tras coñecer que o fiscal solicita o sobresemento da causa contra el na peza instruída polo Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, cando Pilar de Lara era o seu titular, para investigar a existencia de supostas irregularidades na adxudicación do sistema ORA da cidade a cambio de subornos.

López Orozco incidiu en que o informe presentado polo ministerio público “é claro e contundente”, polo que agora espera que “sexa tido en conta”, como xa sucedeu “noutras ocasións, polo señor xuíz”.

De ser así, lembrou, quedará “libre desa mochila que transportou durante nove anos”, dado que a citada causa é a última na que figura como investigado, despois de que se fose caendo, unha a unha, a decena de imputacións que tivo que afrontar na parte final do seu mandato.

“CONTENTO”

“Estou moi contento. A miña familia está moi contenta. E estou seguro de que moitos veciños de Lugo tamén o están, porque sempre confiaron no seu alcalde”, engadiu. De feito, espera que o que lle sucedeu a el sirva “para que os políticos aprendamos, para que se respecte a presunción de inocencia ata que exista unha sentenza”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...