InicioLugo e contornaLugoLugo é o primeiro gran concello galego que homologa o patrimonio...

Lugo é o primeiro gran concello galego que homologa o patrimonio catalogado

O municipio supera un trámite co que se persegue axilizar a tramitación e concesión das licenzas e ofrecer maiores garantías aos promotores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área de Sostibilidade Urbana deu este xoves, 29 de xullo, traslado ao Pleno da conformidade amosada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural á homoxenización formulada polo Concello para conciliar os niveis de protección que recolle o PEPRI, o Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior do Recinto Amurallado, cos requirimentos da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

Lugo convértese así, no primeiro gran Concello da Comunidade Autónoma en superar este trámite co que o Goberno de Lara Méndez non só persegue axilizar a tramitación e concesión das licenzas para actuacións que se poidan ver afectadas por este Plan, senón tamén ofrecer maiores garantías aos seus promotores.

Na procura dese obxectivo, o Servizo Municipal de Arquitectura eloborou un informe xustificando a equiparación entre os catro tipos de protección que cómpre ter en conta nas intervencións de conservación, restauración, readaptación, reestruturación e ampliación que resultan autorizables dentro do ámbito do PEPRI e os tres niveis de salvagarda que recolle a normativa autonómica ao respecto.

“A consecución desta equivalencia permitirá, a partir de agora, á Administración local abordar cunha maior dilixencia aqueles procedementos urbanísticos que afecten a elementos arquitectónicos ou paisaxísticos catalogados nos que sexa obrigada a supervisión do ente galego, ao ter consensuados, así, con esta harmonización os criterios técnicos a seguir”, sinalou a alcaldesa, Lara Méndez.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...