InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo cede ao de Foz unha carroceta forestal para...

O Concello de Lugo cede ao de Foz unha carroceta forestal para o servizo de extinción de incendios

A alcaldesa Lara Méndez e o rexedor Francisco Cajoto asinaban este martes o convenio de colaboración para a transferencia temporal do vehículo, actualmente inoperativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo asinaba hoxe un convenio interadministrativo de colaboración co Concello de Foz polo que a administración local cede temporalmente á mariñá unha Auto – Bomba Rural Lixeira. Un acordo polo cal, o vehículo – unha carroceta forestal – actualmente inoperativa, pasará a prestar servizo en labores de extinción e prevención de incendios no termo municipal de Foz.

Lara Méndez aproveitou a visita do rexedor Francisco Cajoto para trasladarlle a súa vontade de cooperación en todo aquelo que desde o concello veciño poidan necesitar “como mostra de responsabilidade coa que exercemos o noso labor político e no que priorizamos o aproveitamento dos recursos públicos en prol da eficacia económica dos organismos aos que representamos e do interese da cidadanía”.

Pola súa banda, Francisco Cajoto agradeceu a disposición do goberno local e a axilidade coa que se tramitou a transferencia, “unha dotación que será moi benvida e tamén de gran utilidade en Foz”, sinalou.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...