InicioLugo e contornaLugo21 proxectos empresarais innovadores dinamizan o tecido lucense en plena pandemia

21 proxectos empresarais innovadores dinamizan o tecido lucense en plena pandemia

As ideas ecóntranse dentro dunha iniciativa promovida polo Concello de Lugo cuxo obxectivo é aumentar as probabilidades de éxito de plans orixinais en fase temperá de desenvolvemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os xardíns do Centro de Emprendimiento Municipal CEI-Nodus acolleron o martes 20 de xullo a presentación final dos 21 proxectos empresariais promovidos pola VI edición do Inicia Coworking, programa gratuíto que desenvolve o Concello de Lugo en colaboración coa EOI (Escola de Organización Industrial) para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fase temperá de desenvolvemento.

A alcaldesa lucense, Lara Méndez, acompañada da edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana González, destacou a valentía e a fortaleza dos 27 emprendedores que están ao fronte destas iniciativas de negocio, “xa que sodes a segunda xeración de empresas que axudamos a nacer en plena pandemia”. A primeira xeración xurdiu o ano pasado, durante a V edición do coworking, da que xerminaron 26 proxectos.

A rexedora, que abriu a sesión de presentación dos proxectos en sociedade, acto de gran transcendencia porque lles servirá aos emprendedores para acadar financiamento se o necesitan, puxo en valor que as mulleres lideren o 60% destas iniciativas. Ademais, dos 21 negocios, 7 están xa facturando e 4 teñen a súa sede no viveiro do CEI Nodus.

A alcaldesa felicitou tamén ao equipo de formadores do coworking, que enfocaron aos emprendedores durante cinco meses no desenvolvemento e a validación do seu modelo de negocio, no plan comercial, técnicas de venda, oratoria e plans de mercadotecnia dixital, entre outros aspectos. Ademais, contaron con titorías personalizadas. Das cinco edicións anteriores do Inicia Coworking xurdiron 115 proxectos empresariais, dos que 70 están facturando e que crearon 350 postos de traballo directos, máis os indirectos. O índice de supervivencia dos negocios nados co CEI Nodus é do 75%

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...