InicioLugo e contornaLugoInvestigan un incendio intencionado de pneumáticos no poboado do Carqueixo en Lugo

Investigan un incendio intencionado de pneumáticos no poboado do Carqueixo en Lugo

Incendiáronse para "recuperar os discos e proceder á súa venda".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo e a Policía Nacional investigan un incendio intencionado de pneumáticos rexistrado na tarde deste pasado mércores no poboado do Carqueixo.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 16,10 horas do 14 de xullo patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio foron enviadas ao poboado do Carqueixo porque se produciu un incendio.

Os axentes comprobaron no lugar que “se incendiaron intencionadamente”, destaca as mesmas fontes policiais, varios pneumáticos para, posteriormente, “recuperar os discos e proceder á súa venda”. Por iso, requiriuse a presenza dos Bombeiros, que procederon á extinción do incendio.

Ademais, solicitouse a presenza da empresa Urbaser que procedeu á retirada dos pneumáticos máis próximos á estrada de Bóveda por, subliña a Policía Local, a súa “alta facilidade de combustión e consecuente contaminación ambiental”.

Por parte dos efectivos policiais municipais e de Policía Nacional realízanse investigacións para proceder á identificación da persoa ou persoas presuntas responsables destes feitos.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...