InicioLugo e contornaLugoCentos de persoas celebran na Praza Maior de Lugo o ascenso do...

Centos de persoas celebran na Praza Maior de Lugo o ascenso do Breogán á ACB

A recepción oficial aos xogadores e ao equipo técnico foi presidida pola alcaldesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Centos de veciños congregáronse a tarde deste luns na Praza Maior de Lugo para recibir ao equipo de baloncesto do Breogán tras a súa subida á ACB, liga na que debutará a próxima tempada, tras gañar o pasado domingo ao CB Granada (57-83) no partido no que se xogaban o ascenso.

Os asistentes que se animaron a achegarse primeiro ao Pazo dos Deportes ou despois aos pés do Concello lucense celebraron a vitoria do equipo portando máscaras, aínda que a considerable afluencia na Praza Maior impedía manter a distancia de seguridade.

A recepción oficial aos xogadores e ao equipo técnico foi presidida pola alcaldesa, Lara Méndez, quen cualificou de “orgullo” para a cidade contar cun equipo “loitador” como o Breogán e “poder dicir que todo o esforzo realizado durante tantos meses, e nunhas circunstancias tan complexas, ten agora o seu recoñecemento”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...