InicioLugo e contornaLugoCondenan a 15 meses de cárcere a un usuario dunha residencia por...

Condenan a 15 meses de cárcere a un usuario dunha residencia por abusar sexualmente doutro

A vítima, segundo as traballadoras da residencia en Bóveda, sofre "unha deterioración cognitiva grave con dependencia total para as actividades básicas da vida diaria".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a quince meses de cárcere a un usuario dunha residencia por abusar sexualmente dun compañeiro en decembro de 2017. Ademais, deberá indemnizar á vítima con 3.000 euros.

O tribunal considera acreditado que o procesado, que residía no centro, situado no municipio de Bóveda, empuxou contra a parede do baño a outro usuario das instalacións, á vez que lle baixaba o calzón para fregarse contra as súas nádegas. A conduta, segundo consta na resolución, foi observada por unha traballadora da residencia, quen alertou ás súas compañeiras.

Os xuíces destacan na resolución que a vítima, que está incapacitada xudicialmente desde 2015, sofre “unha deterioración cognitiva grave con dependencia total para as actividades básicas da vida diaria”. A súa patoloxía, segundo o fallo, “non lle permite consentir nin entender as circunstancias nin implicacións dun acto de contido sexual”.

“O resultado probatorio apunta, de maneira inequívoca, a unha acción de contido sexual, mantida polo menos durante uns minutos, entre o procesado e outro usuario da residencia que non tiña capacidade para consentir”, destaca o tribunal, que descarta que o condenado tentase penetrar analmente á vítima.

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...