InicioLugo e contornaLugo13.350 persoas menores de 50 anos recibirán esta semana unha dose da...

13.350 persoas menores de 50 anos recibirán esta semana unha dose da vacina

A xornada de hoxe, como a de onte, está dedicada á vacinación de persoas entre 50 e 59 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Sergas vacinará contra a Covid-19 a 13.350 persoas menores de cincuenta anos nos tres hospitais públicos da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

En total, para esta semana, foron citadas 23.092 persoas para recibir a vacina, aínda que onte recibiron as doses correspondentes máis de 3.500 persoas de 50 a 59 anos que non acudiran a vacinarse cando foron citadas por primeira vez e tamén este martes a campaña está dedicada a esa franxa de idade, con 4.274 persoas citadas.

En total, das máis de 23.000 persoas citadas para recibir a vacina esta semana en Lugo, 14.438 persoas serán inmunizadas no HULA, outras 5.550 na Mariña e 3.104 en Monforte.

MENORES DE 50 ANOS

En canto ao grupo de idade de 40 a 49 anos, o mércores recibirán a primeira dose 4.450 persoas e exactamente o mesmo número foi citado para xoves e venres desta semana.

O sábado os hospitais de Lugo estarán dedicados á aplicación de segundas doses de AstraZeneca e foron citadas 1.918 persoas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...